Incríbel Enerxía aterra en España
Despois de percorrer as principais cidades italianas, chega
“Incríbel Enerxía”
a España. Tras inaugurar a súa xira en Xirona, o pasado día 27 de outubro, abrirá de
novo as portas o vindeiro día 10 de novembro no Porto Vello de Barcelona. Nos seus 800 m
2 de superficie, ofrécense obradoiros, xogos, espectáculos, debates e exposicións,
de xeito gratuíto e en horario ininterrompido de 10 da mañá a 8 do serán.
A exposición consta de catro espazos centrais. O máis salientábel é o “Teatro Electrizante”,
que acolle un espectáculo musical sobre o mundo da enerxía, o “Energy Story”. Nel formúlase unha
viaxe polo mundo da enerxía para toda a familia, no que catro personaxes centrais –Rosiña, Chus,
Robotiña e Científico– explican o que é a enerxía e o seu desenvolvemento histórico. Os xoves e
venres está previsto que asistan á exhibición colexios da zona, mentres que as fins de semana o
musical está aberto a todo o público en dúas sesións: á mañá e ao serán.
No mesmo espazo desenvólvense os obradoiros, organizados por
Endesa Educa
. Neles, os máis cativos poderán descubrir o mundo da electricidade co espectáculo de
marionetas “
A meiga eléctrica”. Amais, ofrécense actividades experimentais coma “
A forza dos imáns”, relacionada co magnetismo e o electromagnetismo, e “
Equipemos o noso fogar”, onde as familias e os nenos, coa axuda dun educador,
equipan un fogar con electrodomésticos para analizaren o consumo enerxético.
A carpa conta tamén cun “Laboratorio da Enerxía”, unha área con diversos espazos interactivos
onde os nenos e os mozos coñecen de xeito divertido e didáctico como faceren un bo uso da enerxía.
Así mesmo, ten unha exposición na que se presentan os proxectos de Enel e de Endesa, a súa
dimensión internacional e mais o compromiso das compañías coas fontes de enerxía renovábel, as
novas fronteiras do hidróxeno, o sol e a captura de CO2. As redes intelixentes do futuro teñen
tamén un espazo resaltado, presentando proxectos como
Smart City Málaga e a
telexestión, así como numerosas iniciativas desenvolvidas no territorio. Para
rematar, a carpa tamén conta coa zona “
Cidade Intelixente”, onde se expoñen as solucións que ofrecerá Endesa para a vida
urbana e cotiá, coma a
i-Mobilidade, paneis fotovoltaicos e minisistemas de enerxía eólica ou de
iluminación pública.
Arestora, “Incríbel Enerxía” percorreu máis de mil quilómetros por Italia deténdose en cidades
como Florencia, Nápoles, Xénova ou Milán, ofrecendo obradoiros, xogos, espectáculos, debates e
exposicións que ensinan de xeito didáctico diversos aspectos do mundo enerxético a nenos, mozos e
adultos. Deste xeito, o espazo presenta ás familias un novo ollar sobre a enerxía: dende as orixes,
pasando pola situación actual, rematando cos últimos adiantos neste sector. Logo da súa parada en
Xirona e Barcelona, proseguirá a súa xira en 2012 en Madrid e Sevilla.
| ||
|
| ||
|
Compartir en:
| ||
Este sitio web e mais os contidos incluídos: artigos, textos, imaxes, logotipos, marcas, etc., están protexidos pola lexislación vixente en propiedade industrial e intelectual, e son propiedade de ENDESA, SA, ou de terceiros que autorizaron o seu uso a ENDESA, SA, e fica expresamente prohibida a súa explotación sen a autorización de ENDESA, SA.
O acceso a este sitio web non supón, en caso ningún, a adquisición por parte dos usuarios de ningún dereito de propiedade sobre os contidos que figuran.
ENDESA, SA, resérvase o dereito de modificar a súa política de protección de datos en calquera momento, co fin de adaptala a novidades lexislativas e de cumprir con elas, anunciando na súa páxina os cambios efectuados cunha antelación abonda no momento en que estes cambios vaian ter efectos.