Volven os obradoiros ás escolas
A Maxia da Electricidade é a actividade dirixida a Primeiro Ciclo da Secundaria. Con ela, o alumnado trata os principios básicos da electricidade, coma as forzas de atracción e repulsión nos imáns. Tamén experimentan coa obtención de electricidade dende diferentes fontes de enerxía coma o Sol ou o vento. Introdúcese o concepto do Efecto Joule, e dánselle ferramentas para identificaren e distinguiren os materiais condutores dos illantes. Para o alumnado do Segundo Ciclo da Secundaria, polo contrario, ofrécese Midamos a Electricidade. Neste obradoiro, os estudantes comproban a resistencia de diferentes materiais axudándose dun multímetro. Tamén descobren o funcionamento dun circuíto eléctrico e calculan as súas resistencias. Profúndase no fenómeno do Efecto Joule e como minimizalo. Finalmente, trabállase a función dos imáns na corrente eléctrica. A diferenza das outras actividades ofrecidas por Endesa Educa, tanto na “Maxia da Electricidade” como en “Midamos a Electricidade”, un membro do equipo de educadores trasládase até o centro para impartir os obradoiros. | ||
|
| ||
|
Compartir en:
| ||
Este sitio web e mais os contidos incluídos: artigos, textos, imaxes, logotipos, marcas, etc., están protexidos pola lexislación vixente en propiedade industrial e intelectual, e son propiedade de ENDESA, SA, ou de terceiros que autorizaron o seu uso a ENDESA, SA, e fica expresamente prohibida a súa explotación sen a autorización de ENDESA, SA.
O acceso a este sitio web non supón, en caso ningún, a adquisición por parte dos usuarios de ningún dereito de propiedade sobre os contidos que figuran.
ENDESA, SA, resérvase o dereito de modificar a súa política de protección de datos en calquera momento, co fin de adaptala a novidades lexislativas e de cumprir con elas, anunciando na súa páxina os cambios efectuados cunha antelación abonda no momento en que estes cambios vaian ter efectos.