Castellà
Català
Galego
ENDESA ENERGY TOOLBAR
O ordenador usa a enerxía, xa sabe como?
Oferta de actividades educativas de Endesa

Que é Endesa Educa?

¿Que é Endesa Educa?ENDESA EDUCA é un proxecto que nace para fomentar unha nova conciencia social, na que o aforro enerxético e mais a sustentabilidade deben ser os seus piares básicos.

Para iso, ENDESA EDUCA ofrece unha serie de actividades educativas gratuítas dirixidas a centros docentes de España e actividades divulgativas para todos aqueles que o desexen. Estas van dende as que inciden en como aforrar enerxía en casa até as que ensinan o funcionamento dalgunhas das nosas instalacións eléctricas.



Os obxectivos de ENDESA EDUCA son:

  • Fomentar o uso eficiente e racional da electricidade.
  • Facilitar ao profesorado actividades que permitan traballar os temas relacionados cos recursos enerxéticos e mais a electricidade, sempre integrados no currículo educativo.
  • Proporcionar estratexias que permitan realizar unha análise do uso que facemos da electricidade: por que e como a empregamos.
  • Facilitar toda a información básica sobre a electricidade: que é, de onde sae e por que é tan importante.
  • Dar a coñecer os aspectos relacionados coa produción, o transporte, a distribución e mais a comercialización da enerxía eléctrica.
  • Promover la toma de conciencia sobre o valor da enerxía para unha mellor calidade de vida.
  • Dar a coñecer a actividade dunha empresa eléctrica como ENDESA.


¿Que é Endesa Educa?   ¿Que é Endesa Educa?
Compartir en:
© 2008, ENDESA, S.A., www.endesaeduca.com Todos os dereitos reservados.

Este sitio web e mais os contidos incluídos: artigos, textos, imaxes, logotipos, marcas, etc., están protexidos pola lexislación vixente en propiedade industrial e intelectual, e son propiedade de ENDESA, SA, ou de terceiros que autorizaron o seu uso a ENDESA, SA, e fica expresamente prohibida a súa explotación sen a autorización de ENDESA, SA.

O acceso a este sitio web non supón, en caso ningún, a adquisición por parte dos usuarios de ningún dereito de propiedade sobre os contidos que figuran.

ENDESA, SA, resérvase o dereito de modificar a súa política de protección de datos en calquera momento, co fin de adaptala a novidades lexislativas e de cumprir con elas, anunciando na súa páxina os cambios efectuados cunha antelación abonda no momento en que estes cambios vaian ter efectos.