Logo Endesa-Educa
Volver á páxina principal

ENDESA ENERGY Toolbar

Canta enerxía consome o teu PC?

Descargar

Visita virtual ás centrais de enerxías renovábeis

  1.  
  2. Compartir por email

Nos últimos anos, o número de centrais eólicas e solares foi medrando, sumándose á ampla rede de centrais hidroeléctricas que fornecen de electricidade verde a rede. Cada vez máis, as enerxías renovábeis están a gañar terreo no eido enerxético adquirindo un papel protagonista nas prioridades do futuro do sector.

Coa actividade Visita virtual ás centrais de enerxías renovábeis, os titores e titoras teñen a posibilidade de presentar ao seu alumnado o aspecto real de tres tipos de centrais verdes: a eólica, a solar e a hidráulica. A través dun vídeo e dossieres de aprendizaxe, os estudantes poden coñecer o funcionamento real destas instalacións así como as vantaxes e inconvenientes de cada unha das súas tecnoloxías.

Amais, ENDESA EDUCA facilita unha serie de pautas ao profesorado que lle permite adaptar a actividade ás necesidades do seu grupo. Para descargar os materiais didácticos necesarios para a realización desta actividade, cómpre acceder á parte privada, para o cal se precisa dun rexistro previo , que é gratuíto.

Para máis información, chama ao 902.50.00.49 ou envía un correo electrónico a endesaeduca@endesa.es

Actividade educativa gratuíta

  • Nivel: Segundo Ciclo de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos.
  • Lugar: Centros educativos de España.
  • Duración: 1 hora (a duración do vídeo é de aproximadamente 8 minutos).
  • Materiais didácticos dados: Vídeo descargábel, dossier de aprendizaxe e guía para o titor ou titora.
  • Número máximo de persoas: Grupo clase